- - Santiago
o Maior (por ser o de maior idade) era fillo do Zebedeo e Salomé e irmán do apóstolo Xoán. Pedro, Santiago e
Xoán son os tres predilectos de Xesús, os que o acompañaron no momento da
Transfiguración no monte Tabor e na Oración do Horto de Getsemaní. Foi o
primeiro dos apóstolos en sufrir martirio. Santiago o Maior é o que desde
séculos se venera en Santiago de Compostela e a súa festividade é o 25 de xullo..
- - Santiago
o Menor (de menor idade) é fillo de Alfeo (as veces coñecido como Cleofás) e de
María (de Cleofás). É o autor da Carta de Santiago (NT). A súa festividade ten
lugar o 3 de maio.
Contesta:
a) Cal éra a profesión de Santiago cando Xesús lle pide que o siga?
b) Que ven facer Santiago a España?
c) Nun principio non foi ben recibido, que fixo que cambiaran as cousas?
d) Que advocación mariana recorda a aparición da Virxe María a Santiago?. Onde sucedeu?
e) Que rei manda matar a Santiago? Como morre Santiago?
f) Santiago morre en Xerusalén como é que a súa tumba está en Galicia?
2) Conociendo a Santiago el Mayor (Apóstol)
Contesta:
a) De onde ven o
nome de Santiago?
b) Por que Santiago era coñecido como “fillo do trono”?
c) Como morreu
Santiago?
d) Desde que século
se considera que a tumba de Santiago está en Compostela?
3) Historia de Galicia
("llegamos al siglo IX" minuto 2:45 - 3:39 del vídeo)
Contesta:
a) Quen era o rei de
Asturias e Galicia no século IX?
b) Quen organiza e
realiza a 1ª peregrinación a Santiago de
Compostela? Onde se inicia esa peregrinación?
c) Quen manda
construír a primeira igrexa sobre a tumba dos restos do apóstolo?
d) Galicia convertese un punto de peregrinación para
Europa xunto con Xerusalén e Roma. En torno a esta peregrinación xurde un camiño que se coñece
como o Camiño de .....................
4) Santiago de Compostela
en 14 minutos
La historia de la catedral de Santiago
Fíxate na cantidade de modificacións realizadas ao longo da historia para chegar a actual catedral de Santiago
5.- Ruta Xacobea Do Mar De Arousa e do Río Ulla
ruta tamen coñecida como A Traslatio, nome que se lle deu ao traslado dos restos do Apóstolo Santiago desde Xerusalén ata Santiago de Compostela.
A Ruta do mar de Arousa.
É un percorrido marítimo en barco desde O Grove ata Pontecesures, entrando no río Ulla en Vilagarcía de Arousa. É unha viaxe similar á que fixeron os discípulos Teodoro e Atanasio co corpo do apóstolo despois de ser decapitado en Xerusalén.
Durante o percorrido a man dereita podemos ver O Grove, a Illa da Toxa, Vilanova, Vilagarcía, Catoria (na entrada do Ulla) e, a man esquerda, Santa Uxía de Riveira, Corrubedo, Poboa do Caramiñal, Boiro, Rianxo, casa de Castelao e Catoira, coas ruínas das torres oeste. Comezando unha ruta salpicada de "Cruceiros", mirando ao Ulla.
A ría estréitase pasando por Valga e Dodro, para rematar a viaxe en Pontecesures, onde o arcebispo Diego Xelmírez fundou os primeiros estaleiros do Reino de España. Alí desembarcas, continuando o percorrido a pé por Padrón, Vila Xacobea onde se pode admirar, o "Pedrón" na igrexa parroquial de Santiago, a encrucillada do Fondo de Vila, O Santiaguiño (segundo a lenda o apóstolo Santiago predicou aquí), a casa de Rosalía de Castro
O camiño continúa por Iria Flavia, unha antiga metrópole romana, 50 d.C. e sede do bispo antes que Santiago. Pódese admirar "a Colexiata de Iria Flavia", o foco principal no que o cristianismo entrou en Galicia, as súas torres escalonadas lembran ás do claustro da Catedral, en forma piramidal. Xunto a el está o romántico cemiterio de Adina (onde foi enterrada Rosalía de Castro, ata que foi trasladada ao panteón de galegos ilustres e enterrado C.J. Cela), fronte á Fundación Cela. Despois Herbón, un convento franciscano; A Escravitude - santuario de estilo barroco compostelán -, Teo, Milladoiro, A Rocha e Santiago, entrando por Porta Faxeira.
Tradución dun artigo de Juan Ramón Baliñas Bueno publicado en Mundiario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario