pequeña y grande teresa de calcuta la paloma de la paz Construimos la paz
domingo, 23 de enero de 2022
miércoles, 5 de enero de 2022
DÍA DE REIS: Cantos e Aguinaldos
QUEREMOS SABER
1) Que se celebra o día de Reis?
O día de Reis Magos, ou Epifanía aos Magos de Oriente, é unha das festas litúrxicas máis antigas, máis aínda que o mesmo Nadal. Comezou a celebrarse en Oriente no século III e en Occidente no curso do século IV.
Epifanía, voz grega que ás veces se usou como nome de persoa, significa «manifestación», pois o Señor revelouse aos pagáns na persoa dos magos.
Con todo, a Iglesia celebra como Epifanías tres manifestacións da vida de Jesús: a Epifanía ante os Magos de Oriente (manifestación aos pagáns), Epifanía do Bautismo do Señor (manifestación aos xudeus) e a Epifanía das vodas de Caná (manifestación aos seus discípulos).
Na Idade Media a Epifanía pouco a pouco pasou a coñecerse máis como a festa dos Reis Magos. Actualmente a Igrexa católica celebra as tres epifanías en diferentes tempos do calendario litúrxico.
2) Por que se fan regalos o Día de Reis?
Por que cando naceu Xesús viñeron dende Oriente seguindo unha estrela uns Magos a Belén de Judea a adorar a Xesús e facerlle regalos(oro, incienso y mirra):
- Oro por ser rey (os magos preguntan por "o rei dos xudeus")
- Incienso por ser Deus (Xesús o fillo de Deus)
- Mirra por ser home (a mirra empregábase tradicionalmente para embalsamar aos mortos, Xesús, como todo home, tamén ía morrer (ainda que a súa morte é para salvar a humanidade).
3) Que tipo de cancións cantamos en Nadal?
En Galicia, as cancións de Nadal (tradicionais en todo o mundo) reciben diferentes nomes segundo a data na que habitualmente se cantan:
- Nadales, Panxoliñas ou Navidás é como se coñecen os cantos (ou villancicos) da noite do 24 de decembro e da mañá do 25 de decembro.
- Xaneiras, Anonovos ou Manueles son os nomes que reciben as composicións que soaban a noite do 31 de decembro e a mañá do primeiro día do ano.
- Reis ou Aguinaldos aos cantos our refráns que soan durante a tarde do 5 de xaneiro ou a mañá do 6.
Habitualmente son máis pequenos os que ían ás casas dos veciños, provistos de cunchas, pandeiretas e castañuelas cantando estes cantos de Nadal. Na maioría das casas abríanlles encatadas as portas e, dependendo da idade, regalabanlles abelas, noces, doces, viño torrado, licor, etc.
AUDIOVISUAIS:
- Reis Magos 2022
Fermosa película para ver en familia a vespera de reis
ACTIVIDADES:
- Debuxar os Reis Magos paso a paso:
- Infografías por Nivel
FUENTE: http://misclasesdereligionhoy.blogspot.com/2021/01/priamria-infografias-de-los-reyes-magos.html
1º PRIMARIA