Día do libro – A
Biblia
Todos os anos, o 23 de Abril celebramos o Día do
Libro, día elixido pola UNESCO para render homenaxe mundial ao libro e aos seus
autores e invitar a gozar coa lectura.Unha boa ocasión para ler, reler,
descubrir, gozar dos libros. A elección
do 23 de abril está fundamentada en que un 23 de abril de 1616 falecen
Cervantes, Shakespeare e o inca Garcilaso de la Vega, aínda que o dato non é de
todo certo debido a que Inglaterra e España naquela época empregaban diferentes
calendarios (xuliano en Inglaterra e gregoriano en España). España xa comezara
a utilizar o calendario gregoriano, chamado así porque o Papa Gregorio XIII decidiu
modificar o calendario para corrixir o desfase, acumulado durante séculos,
causado por non incluír os anos bisiestos, por esta razón parece ser que Shakespeare
faleceu dez días despois que Cervantes.
Para os cristiáns o “libro” por excelencia é a
Biblia.
Algúns datos curiosos sobre a Biblia
·
É o
best-seller dos best-seller. A Biblia e o libro máis editado en todo o mundo
dende fai anos. É o máis vendido nos últimos 50 anos e en toda a historia da
humanidade.
·
En
realidade non é un libro, senón moitos libros. Eso é o que quere dicir a
palabra “Biblia”, que en grego é o plural de “biblo” = libro.
·
A
palabra “biblia” non aparece en ningún dos seus libros.
·
Para
xudeus e cristiáns este libro é a Palabra de Deus.
·
Neste
libro podemos atopar belas historias, textos legais, históricos, poéticos, etc.
·
A
Biblia foi o segundo libro que imprimiu Johannes Gutenberg cando inventou a
imprenta (o primeiro foi o Misal de Constanza), aínda que moitas veces tense
dito que foi o primeiro libro impreso. Gutenberg fixo 150 exemplares da biblia
o que supuxo un gran esforzo económico, pero que se venderon moi ben.
A Biblia tamén da nome ao papel biblia, un papel finísimo pero resistente, que acepta moi ben a impresión e que se usa para imprimir libros gordos que se van usar moito, como é o caso da biblia ou os dicionarios.
CANCION: A BIBLIA
Dia dolibro: A Biblia Minilibros: A Biblia